DAG
* Noticias
* Asociación DAG  
* Socios  
* Contacto  
Nome:
Contrasinal:
 
Miércoles 19 / 11 / 2008
desconectado
ESTATUTOS | DAG EN GALEGO | DAG EN CASTELLANO rss
Noticias Últimas Noticias
28/10/2008
FontStruct
Creación de fontes tipográficas
FontFruct presenta unha nova creación de fontes tipográficas de maneira
online. Por medio dunha serie de pinceis (ao estilo Photoshop) e cunha
cuadricula por detrás, creas libremente a tipografía que che apeteza.
Armado baixo un código de Flash, permíteche desprazarte libremente, crear
"case un alfabeto completo" con maiúsculas, minúsculas, algúns
signos e números. E logo podes descargarche a túa propia fonte no
escritorio e cargala no teu computador.

web
Comentarios (2)
22/10/2008
Barcelona Design Week 2008
A terceira edición da Barcelona Design Week abrirá as súas portas do 10 ao 14 de novembro convertida nun dos acontecementos de promoción e debate en torno ao deseño ineludibles na axenda internacional.
Organizada por BCD, Barcelona Centro de Deseño, pretende promover Barcelona como cidade de creatividade, deseño e coñecemento, fortalecer as relacións entre empresa e deseño e fomentar un maior coñecemento desta disciplina.
Nesta edición do 2008, empresas de distintos sectores produtivos ou de servizos, así como profesionais expertos do mundo do deseño, daranse cita nunha plataforma de intercambio de coñecemento que profundará nas novas tendencias e a xestión do deseño, o seu valor estratéxico como elemento de innovación e competitividade das empresas, e seu rol no desenvolvemento da economía global.
É posible un desenvolvemento sostible a través do deseño? As empresas que xestionan correctamente o deseño son necesariamente empresas que xestionan ben a innovación? En que punto se atopa a xestión do deseño en Europa? Estes son algúns das interrogantes que expertos do mundo do deseño tratarán durante a Barcelona Design Week 2008.

Comentarios (1)
28/10/2008
FontStruct
22/10/2008
Barcelona Design Week 2008
14/10/2008
TRÄD, GALARDÓN DE DESEÑO INDUSTRIAL DO MOBLE<> MARÍA MARTÍNEZ OTERO
11/09/2008
ERES DESEÑADOR/A GRAFIC@ OU INDUSTRIAL?
   1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8   


Estatutos | DAG en Galego | DAG en Castellano DAG Asociación Galega de Deseñadores