O proxecto expositivo DIÁLOGOS inaugurarase o vindeiro mércores 1 de xullo de 2009, ás 20:00 horas na sala de exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra.
A DAG, presenta unha exposición de logotipo/marca/identidade gráfica de recente creación en Galicia. Tamén se mostrarán anteriores accións do colectivo: "En torno da baskerville" e o taller de tipografía, "O ollo na rúa. sinais de identidade" realizado no CGAC (Santiago de Compostela).
O día 10 de Xullo terá lugar, tamén en Pontevedra e formando parte deste mesmo proxecto: Pecha Kucha Night, presentacións de traballos creativos nun formato de 20 imaxes x 20 segundos.
Cartaz.pdf
O prazo para enviar os traballos para a exposición de Logotipos/Marcas/Identidade gráfica remata o vindeiro 7 de xuño ás 00:00 horas. Non se aceptará ningún traballo pasado o prazo.
+info: http://www.asociaciondag.org/accion-dag-18.html

A partir do concepto de mancha tipográfica, buscáronse en periódicos e revistas unha gamma de grises formada por tipografías, que van dende o branco, gris medio e tentando chegar ó negro.
Descargar PDF
A tipografía está de moda. Nunca pensei que diría isto, pero cando souben que ata en Pull&Bear se vendeu durante un tempo unha camisola negra, composta en Helvetica Black e que facía apoloxía da cor...
Descargar PDF
Este espazo é unha revista on-line, con posibilidade de converterse en papel, aínda que a súa inicial posta en marcha vai ser un colector de textos e reportaxes, 0032 ten ansias de expansión e de reflectirse no branco papel.
Podedes enviarnos textos ou reportaxes, a equipa de redacción non necesariamente ten que estar de acordo coa opinión dos seus colaboradores, aos que agradece de anteman a súa aportación.
Iso si, temos que recibilos nun formato 12,5 x 17 cm e gardados en pdf (a opción de maquetación é libre así como o número de páxinas).
Moitas grazas a todas e todos
DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información