Dende que tivo lugar o desastre de Haití, a comunidade de creativos de todo o mundo estase mobilizando na organización dun Pecha Kucha Night en máis de 200 cidades —dende Tokio ata San Franciso—, co fin de recadar fondos destinados á reconstrución dese país. Fondos que irán destinados á ong Architecture for Humanity. http://architectureforhumanity.org/
A asociación DAG na súa aposta pola creatividade galega, introduciu por primeira vez en Galicia (Pontevedra en xullo de 2009) este novo e alternativo formato para a exposición do traballo de artistas, deseñadores, ilustradores, fotógrafos, arquitectos, cociñeiros etc. Outras cidades coma Ferrol e A Coruña xa contan cunha plataforma para introducirnos de primeira man aos novos talentos e, ao mesmo tempo, amosar unha perspectiva diferente dos autores máis recoñecidos.
Data: 24 de marzo
Hora: 21:30 horas (apertura de portas ás 21:00)
Lugar: Sala Nasa (Rúa San Lourenzo 51-53B, Santiago de Compostela)
Custe de entrada:
9 € normal
8 € anticipada (www.salanasa.com)
7 € reducida (estudantes, parados, xubilados e discapacitados)
5 € tripulantes e socios DAG
Máis información e doazóns
http://www.pecha-kucha.org/pechakucha-for-haiti
Vídeos e imaxes
Pontevedra II, decembro de 2009
http://www.youtube.com/watch?v=hYUjDm3Ns4Y
PontevedraI, xullo de 2009
http://www.youtube.com/watch?v=vdULNawnRSE
Galería de imaxes
http://www.flickr.com/photos/pechakuchapontevedra/
Páxina oficial Pontevedra
http://www.pecha-kucha.org/night/pontevedra/
Facebook
http://www.facebook.com/home.php?#!/event.php?eid=10150110395985008
* Lembra que para facer comentarios, tes que estar rexistrado en DAG e iniciar a túa sesión como usuario.

DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información