DAG - Asociación Galega de Deseñadores
03/09/2010
En novembro de 2009 cumprironse 20 años da caída do muro de Berlín, do comezo da unificación alemana que rematou definitivamente co “telón de aceiro” que marcou a nova situación política europea despois da Segunda Guerra Mundial. A reunificación en 1990 puxo fin á represión política da RDA e supuxo o inicio dunha nova era. Os símbolos do pasado comunista borraronse rápidamente do mapa, convertidos en souvenirs e o pasado de toda una nación caiu no ostracismo, con os seus cidadáns ansiosos de pasar páxina e esquecer as penurias económicas e políticas. Sen embargo, moitos alemáns perciben hoxe esta reunificación como unha absorción por parte da Alemaña Occidental. O anhelo da unificación tantas veces perseguida trouxo consigo un esquecemento de moitos dos aspectos da cultura da Alemaña comunista, de moitos dos aspectos cotians, dos obxectos e iconos presentes durante 40 anos.
Os produtos, obxectos cotiáns e deseños da RDA provocan ante os ollos cansos e saturados de publicidade na economía de consumo, certa sensación entrañable e inocente dun mundo perdido, revivindo unha estética austera e eficaz desposuída xa de aqueles condicionantes negativos que impoñían as cuestións políticas e económicas.
Neste contexto de nostalxia e recuperación do patrimonio gráfico daquella época, atopámonos coa historia única da fundición VEB Typoart. A fundición tipográfica VEB Typoart foi creada na Alemaña do Leste en 1948 polo Goberno da República Democrática, resultado da fusión e nacionalización de diversas fundicións en Berlín, Leipzig e Dresden, entre as cales a máis importante fui Schelter & Giesecke. A nova sede estableceuse en Dresden. A fundición VEB Typoart dependía da Zentrag (Druckerei-Zentrale, Einkaufs-und Revisionsgesellschaft mbH) organismo de coordinación das empresas de edición e impresión da RDA. Este organismo encargaba a creación dos tipos de letra que necesitaba, chegando a solicitar expresamente imitacións de tipografías occidentais como Helvetica, Times New Roman o Futura, cuxas licenzas non podían permitirse o luxo de pagar nunha economía empobrecida como a da RDA. A necesidade da creación destas versións propias deu lugar a fontes como Timeless, creada polo equipo de deseño de Typoart en 1982 como versión da Times New Roman, Drescher Grotesk de Arno Drescher (1930) como versión de Futura, Publica (1981-1983) como versión da Optima, ou a Maxima Grotesk, considerada unha versión da Helvetica.
Despois da caída do muro de Berlín en 1989 e da unificación das duas Alemañas, a fundición Typoart privatizouse nunha GmbH (sociedade anónima) pasando a denominarse VEB Typoart GmbH ata a súa desaparición en 1995. As ansias de integración da antiga RDA na economía de mercado e o interese en esquecer o seu pasado político, propiciaron o ostracismo deste legado tipográfico durante a década dos 90. Pero en 2006, un grupo de estudantes da Bauhaus-University de Weimar, denominado Typoart friends, propúxose a recuperación da memoria histórica da fundición Typoart, así como a dos seus deseñadores entre os que se encontran Karl Heinz Lange, Albert Kapv, Herbert Thannhaeuser, Gert Wunderlich, Hildegard Korger, Arno Drescher e Barbara Cain. Entre as reivindicacións deste grupo de estudantes encontrase a esixencia do recoñecemento da labor destos deseñadores e a integración deste patrimonio tipográfico na Alemaña actual reunificada. Para iso crearon un manifesto e editaron a publicación Typoart Freunde co fin de documentar a historia única de VEB Typoart. Pode consultarse o manifiesto na web www.typoart-freunde.de
Esta circunstancia tamén propiciou novas interpretacións e revivals destas fontes tradicionais do outro lado do muro que serviron para recuperar un patrimonio gráfico esquecido por parte dos xóvenes deseñadores gráficos alemanes.
Nun contexto histórico marcado polas profundas convulsións da transición política española e o auxe do discurso nacionalista de Cataluña, o deseño e a arquitectura proporcionaron a Barcelona os fundamentos da súa nova narrativa urbana: a dunha capital provinciana postindustrial e en decadencia milagrosamente transformada nunha sofisticada metrópole europea, na cidade do deseño. Conceptos como identidade local e modernidade materializaronse así en entornos urbanos e obxectos cotiás ó alcance de todos.
Trazando un percorrido históricamente riguroso, Viviana Narotzky destaca os principais histos na historia recente do deseño barcelonés, dende a súa emerxencia los anos 60, pasando pola euforica dos Xogos Olímpicos de 1992, ata algúns dos traballos máis recentes dos diseñadores de hoxe.
La Barcelona del diseño contempla tanto a práctica profesional como a producción, a venta minorista, a mediación institucional, o proceso de rexeneración urbana, o consumo popular e o uso do mesmo, desenvolvendo un detallado análise da evolución do deseño en Barcelona, o seu significado e valor.
Viviana Narotzky é doutora en Historia do Deseño polo Royal College or Art. É Senior Research Fellow no Royal College of Art e profesora do Master de Historia do deseño xestionado conxuntamente polo Royal College of Art e o Victoria & Albert de Londres. É membro do padroado da Fundació Historia del Disseny de Barcelona, e do comité editorial do Journal of Design History. É autora de numerosas publicacións sobre deseño e cultura material contemporánea.
Narotzky, Viviana. La Barcelona del diseño.
Barcelona: Santa&Cole, Colección Los ojos fértiles, 2007
ISBN:978-84-934626-4-2
http://www.santacole.com/en/catalogo/los-ojos-fertiles
http://bcndesign.narotzky.com/

DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información