DAG - Asociación Galega de DeseñadoresDAG - Asociación Galega de Deseñadores

09/09/2010

Acceso para usuarios

Noticias

Documental. Ubanized. A documentary film by Gary Hustwit

Documental. Ubanized. A documentary film by Gary Hustwit 18/08/2010

Fai cinco anos, Gary Hustwit comenzou a traballar nun documental que analizaba o mundo do deseño gráfico e o impacto da cultura visual na sociedade a través da historia dunha tipografía lexendaria, a Helvetica. Helveticafilm foi presentado no 2007, ó cal seguiulle Objetified en 2009, un documental sobre o deseño industrial e de produtos e a relación cos obxetos manufacturados que nos rodean. A triloxía completarase agora co terceiro dos documentais deste realizador británico. Urbanized estará adicado ó deseño das cidades, analizará os problemas e as estrategias do entorno urbano cos arquitectos, políticos, constructores e pensadores máis destacados da última parte do século XX. O reto de equilibrar a vivenda, mobilidae, espazo público, o desenvolvemento económico e a política ambiental estan a ser hoxe en día preocupacións universais, sen embargo, moitas destas cuestións están fora do dominio público.

Ao contrario de moitos campos do deseño, as cidades non son creadas na súa totalidade por especialistas ou expertos, senon que moitos axentes contribúen ó cambio urbano, incluíndo os cidadáns comúns, que poden ter un impacto grande na mellora das cidades nas que viven. Urbanized pretende crear un debate global sobre o futuro das cidades. Urbanized está agora en producción e a súa estrea está planificada para 2011.

www.urbanizedfilm.com

comentario Comentarios (0)

Series. Arròs covat

Series. Arròs covat Series. Arròs covat 17/08/2010

“Arròs covat" é unha serie de animación sobre o conflicto de facerse maior e ter a sensación de que as oportunidades pasan por diante. Xavi Masdéu, o seu protagonista, ten 30 anos e unha sensación constante que se lle pasa o arroz. É un deseñador de éxito, moderno, cosmopolita, ten un estudo de deseño gráfico. É reflexivo e inteligente, pero un absoluto incompetente sentimental, o que lle amarga a existencia á súa noiva, Sonia, de quen está completamente namorado, ainda que últimamente non para de mirar con desexo tódalas rapazas coas que se encontra, en especial a Luz, una rapaza que é pura tentación para él. Este feito fará que comence a replantexarse a súa relación con Sonia, e desembocará nunha amarga ruptura sentimental que levaralle a replantexarse todo o seu mundo vital, profesional e sentimental. Despois de recibir un premio Laus, todo se empeza a torcer para Xavi.

Detrás desta serie de culto da televisión catalana está o humor ácido e irónico do ilustrador Juanjo Sáez. Podes ver tódolos capítulos da 1º temporada no blog da serie www.arroscovat.com, seguro que alguns vos sentiredes identificados coas suas aventuras.

comentario Comentarios (0)

<< < 2 3 4 5 6 7 8 > >> 

0032 Revista DAG

0032 - número 001 - novembro 2009

Nº 001 / novembro 2009

Autor/ora:“historias tipográficas” de Oscar Otero, “Tango corazón de papel” de Gisela Ahumada, unha conversa entre Uqui Permui e Martiño Villaverde “Inspirar… expirar”, “Formatos e grellas, todo en-caixa” de Natalia Crecente e Segundo Fernández e “Replica, unha tipografía do século XXI” de Marcos Dopico


Descargar PDF


Publicidade

DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información