DAG - Asociación Galega de DeseñadoresDAG - Asociación Galega de Deseñadores

06/03/2015

Acceso para usuarios

Noticias

Os Premios Nacionais de Deseño 2014 non serán convocados

Os Premios Nacionais de Deseño 2014 non serán convocados 14/01/2015

A Xunta Directiva de READ, asociación á que pertence DAG, escribe unha carta aberta ó Ministro de Economía y Competitividad do Goberno de España criticando a medida e esixindo unha Política Nacional do Diseño.

A decisión do Ministerio de Economía y Competitividad do Goberno de España de non convocar os Premios Nacionais de Deseño e Innovación 2014 supón un novo golpe ó sector do deseño e llevou á Xunta Directiva de READ a dirixir unha carta ó ministro expresando a nosa desaprobación.

Unha carta aberta criticando esta medida, ao ser os Premios Nacionais de Deseño o último vínculo da Administración do Estado co sector, tras facer desaparecer o DDI (Sociedad Estatal para el Desarrollo del Diseño y la Innovación) en 2010 e quedarnos sen interlocutores, e reclamando unha vez máis o que os deseñadores e outros moitos profesionais convencidos do valor estratéxico do deseño para a xeración de riqueza, aliñados coa visión dos nosos veciños europeos, vimos defendendo para o noso país: unha Política Nacional do Diseño.

Carta aberta ó Ministro de Economía y Competitividad do Goberno de España

 

comentario Comentarios (0)

O como é o que conta

O como é o que conta 12/01/2015

Un libro achega un feixe de artigos  de Pepe Barro sobre o deseño, a cultura e a imaxe da cultura. O conxunto ven ser unha reflexión sobre a profesión, os temas e as teimas deste deseñador, vinte e nove pezas da súa autoría máis un artigo de Xosé Luís Méndez Ferrín sobre o deseño gráfico, recuperado por Barro dun folleto dos anos setenta. A edición consta de cen exemplares numerados e asinados polo autor, que ademáis ofrece a posibilidade da descarga do libro nun pdf aloxado nesta mesma web da DAG.

En O como é o que conta, Barro ven dicir que realmente, un deseñador gráfico o que debe saber é contar, porque a humanidade leva dicindo case as mesmas cousas desde o principio dos tempos, o que cambia é a forma de contalas, de comunicalas, pero dicindo o mesmo doutro xeito conseguimos decir cousas novas, exploramos novos conceptos, abrimos novos puntos de vista. Ás veces o “como” ten máis peso que o “que”.

Velaquí as palabras do autor no limiar do libro:  
 
“Son un escritor ventureiro, os artigos deste libro son todos produto de encomendas, fun onde me pediron e fixen cando me mandaron. Mesmo así puxen en cada un todo o meu coidado, non só por respecto ao lector posible, gozo ecribindo e saboreo de vagar a maxia de armar un pequeño mundo con nada, gústame sentir o pensamento a abrollar mentres debullo as palabras e a orde precisa para narrar.

Tardei en poñerme a escribir, en ser consciente da utilidade da reflexión sobre a propia obra, sobre a profesión, sobre a cultura, útil para min, pero pode que tamén para outros. No cabo de cada artigo veredes reseñado onde e cando viron a luz por primeira vez, foi en publicacións modestas ou de gran tiraxe, pero en todos os casos escribín coa certeza de que guindaba unha garrafa ao mar, confiando que co tempo algunha chegaría a unha ribeira na que sería valorada. Tiven a fortuna de comprobar que foi así en máis dun caso e de dous.

A palabra conduce o pensamento do mesmo xeito que as formas, as cores e a tipografía son as portadoras do discurso visual dos deseñadores, con elas —como quere Enric Satué— conformamos a imaxe da cultura, da comunicación, desde a forma máis minúscula das letras e as palabras.”

Ocomoéoqueconta.pdf

comentario Comentarios (1)

<< < 3 4 5 6 7 8 9 > >> 

0032 Revista DAGDAG - 0032

0032 - número 001 - novembro 2009

Nº 001 / novembro 2009

Autor/ora:“historias tipográficas” de Oscar Otero, “Tango corazón de papel” de Gisela Ahumada, unha conversa entre Uqui Permui e Martiño Villaverde “Inspirar… expirar”, “Formatos e grellas, todo en-caixa” de Natalia Crecente e Segundo Fernández e “Replica, unha tipografía do século XXI” de Marcos Dopico


Descargar PDF


DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información Aviso legal