Isaac Díaz Pardo DAG - Asociación Galega de DeseñadoresDAG - Asociación Galega de Deseñadores

05/02/2012

Acceso para usuarios

A Navalla Suíza faise co premio ʻContent 360ºʼ en Cannes cunha aplicación para o National Film Board de Canadá

A Navalla Suíza faise co premio ʻContent 360ºʼ en Cannes cunha aplicación para o National Film Board de Canadá 15/04/2010

A empresa A Navalla Suíza proclamouse vencedora do certame ʻContent 360ʼ de contidos dixitais, celebrados onte 14 de abril no marco do MIPTV -o máis importante mercado de televisión do mundo, celebrado en Cannes- na categoría de Next Generation Online Video Experience. Impúxose ás outras dúas finalistas, unha compañía londinense e outra dos Estados Unidos, no pitching final diante do xurado. O premio consiste nun contrato de desenvolvemento da aplicación, financiado con 12.000 euros polo National Film Board de Canadá, a institución cinematográfica máis importante daquel país.

O proxecto seleccionado polo National Film Board traslada a realidade aumentada ao cinema canadense e permite que os usuarios recoñezan os lugares onde se filmaron diversas películas apuntando co seu teléfono móbil ao espazo que os arrodea. Ademais, inclúe unha actividade social importante, pois os usuarios e usuarias poden xogar cos filmes e mesmo engadir contido.

Dous dos socios da Navalla Suíza, Xabier Cid e María Yáñez, foron quen defenderon o proxecto e recolleron o premio na cerimonia Zapping Show, que entregou os galardóns nas 6 categorías do certame ʻContent 360ºʼ, nas que había un total de 24 finalistas de todo o mundo.

A Navalla Suíza é unha empresa de comunicación dixital creada no 2008 en Santiago de Compostela por Berto Yáñez, Xabier Cid, Óscar Otero, Álvaro Gómez e María Yáñez. Entre os seus traballos realizados ata hoxe destaca Flocos.TV, o cineclube do audiovisual galego, unha plataforma web que ofrece máis de 350 filmes feitos en Galicia e que conta con máis de 1800 usuarios.

 

comentario Comentarios (5) || noticias  Noticias

21/04/2010 16:32:22
oscarotero

Moitas grazas a todos :)

21/04/2010 11:25:43
albrm

muchas felicidades!!!

20/04/2010 00:16:44
segun

Enhorabuena!!

16/04/2010 17:22:20
Martiño

Pero que moi ben!!!!!

16/04/2010 17:01:18
Marcosdo

Parabéns ¡¡¡¡

* Lembra que para facer comentarios, tes que estar rexistrado en DAG e iniciar a túa sesión como usuario.


0032 Revista DAGDAG - 0032

0032 - número 001 - novembro 2009

Nº 001 / novembro 2009

Autor/ora:“historias tipográficas” de Oscar Otero, “Tango corazón de papel” de Gisela Ahumada, unha conversa entre Uqui Permui e Martiño Villaverde “Inspirar… expirar”, “Formatos e grellas, todo en-caixa” de Natalia Crecente e Segundo Fernández e “Replica, unha tipografía do século XXI” de Marcos Dopico


Descargar PDF


DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información