DAG - Asociación Galega de DeseñadoresDAG - Asociación Galega de Deseñadores

11/03/2010

Acceso para usuarios

Ábrese a convocatoria para o PKN de Pontevedra

Ábrese a convocatoria para o PKN de Pontevedra 25/05/2009

O vindeiro día 10 de xullo terá lugar en Pontevedra o primeiro evento Pecha Kucha Night de Galicia, formando parte do proxecto "Acción DAG". Un orixinal formato expositivo para o traballo dos novos creativos, un encontro informal e alternativo que xa está presente en máis de 190 cidades de todo o mundo.
Cada participante dispón de 20 segundos por 20 imaxes para expoñer en público o seu proxecto, facendo un total de 6 minutos e 40 segundos –cun obrigado “break” para repoñer a cervexa-. Deste xeito lógranse presentacións concisas e dinámicas, mantendo o interese en todo momento e permitindo a participación de moita xente.

Se es deseñador, arquitecta, tipógrafo, ilustradora, fotógrafo, publicista, bailarín, artista, cineasta, cociñeiro ou pertences a calquera outra disciplina e tes un proxecto creativo de interese; envía un mínimo de 5 imaxes e unha descrición do teu traballo a pechakucha@martinovillaverde.com
Tes de prazo ata o luns 15 de xuño.

Toda a información sobre a convocatoria atoparédela en http://www.pecha-kucha.org/cities/pontevedra

cartel-pechakucha.pdf

comentario Comentarios (0) || noticias  Noticias

* Lembra que para facer comentarios, tes que estar rexistrado en DAG e iniciar a túa sesión como usuario.

0032 Revista DAG

0032 - número 001 - novembro 2009

Nº 001 / novembro 2009

Autor/ora:“historias tipográficas” de Oscar Otero, “Tango corazón de papel” de Gisela Ahumada, unha conversa entre Uqui Permui e Martiño Villaverde “Inspirar… expirar”, “Formatos e grellas, todo en-caixa” de Natalia Crecente e Segundo Fernández e “Replica, unha tipografía do século XXI” de Marcos Dopico


Descargar PDF


Publicidade

DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información