DAG - Asociación Galega de DeseñadoresDAG - Asociación Galega de Deseñadores

11/03/2010

Acceso para usuarios

DIÁLOGOS

DIÁLOGOS 11/05/2009

1 xullo - 31 agosto: Sala de exposicións; Pazo da Cultura de Pontevedra.

Estás a tempo de participar na exposición de marcas/ logotipos / identidade gráfica: selecciona un, máximo dous, traballos  e envíanolos a: info@asociaciondag.org

A exposición das marcas e identidades realizaránse en vinilo –gris– a marca, nun formato grande, acompañado das imaxes de aplicacións en cor. Polo que tedes que enviar a marca vectorizada, un eps en formato A4 en negro, e varias imaxes de aplicacións –máximo seis–(papelería, rótulos, vehículos, bolsas…) formato 21 x 21 cm 300ppp en cor, en formato jpg, eps ou pdf

O PRAZO MÁXIMO DE RECEPCIÓN É O 7 DE XUÑO (non se admitirá material despois do dia 7 ás 24h) agradécese que se envíen antes de rematar ese prazo.

Compre tamén incluír unha breve ficha para cada traballo (nome, apelidos do deseñador, ano de realización, cliente e obxectivos) e sería interesante, no caso que desexedes acompañar este material dos bocetos e ideas previas ao deseño definitivo da marca.

 Os logotipos e aplicacións para a exposición serán seleccionados pola directiva de DAG nunha xunta extraordinaria, que terá lugar entre o día 8 e 11 de xuño.

Baixo o título de ACCIÓN-DAG, reuniránse os traballos realizados pola DAG neste ano: A exposición "En torno da Baskerville", proxección do resultado do taller de tipografía "o ollo na rúa" e unha exposición sobre as mellores e máis recentes marcas galegas, ademais dun seminario, festa, etc.

comentario Comentarios (0) || noticias  Noticias

* Lembra que para facer comentarios, tes que estar rexistrado en DAG e iniciar a túa sesión como usuario.

0032 Revista DAG

0032 - número 001 - novembro 2009

Nº 001 / novembro 2009

Autor/ora:“historias tipográficas” de Oscar Otero, “Tango corazón de papel” de Gisela Ahumada, unha conversa entre Uqui Permui e Martiño Villaverde “Inspirar… expirar”, “Formatos e grellas, todo en-caixa” de Natalia Crecente e Segundo Fernández e “Replica, unha tipografía do século XXI” de Marcos Dopico


Descargar PDF


Publicidade

DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información