A DAG é unha asociación sen ánimo de lucro que se fundou en 2006 e que agrupa a deseñadores gráficos e industriais de toda Galicia.
Desde entón traballa para conseguir os seguintes obxectivos:
- Impulsar o deseño galego e defender os intereses dos profesionais galegos.
- Dar a coñecer e implicar os deseñadores no tecido empresarial do país.
- Reivindicar que o deseño ten un valor de seu, e que as empresas e as institucións públicas que coidan este aspecto están a engadir valor á súa actividade.
- Crear canles de comunicación entre os profesionais e tamén entre estes e os futuros profesionais, os estudantes das escolas de deseño, co fin de favorecer o diálogo e a reflexión sobre aquelas cuestións que máis lles preocupan e interesan a todos.
Existen tres modalidades de socios DAG:
Socios ordinarios. Profesionais, docentes ou investigadores con máis de dous anos de experiencia laboral no mundo do deseño.
Socios noveis. Todos aqueles deseñadores ou deseñadoras que posúan formación e que demostren que están comezando a súa carreira profesional. O socio novel goza dos mesmos dereitos e deberes que un socio ordinario, pero co fin de facilitarlle a súa incorporación á Asociación goza dunha redución na cota trimestral do 50% durante os dous primeiros anos.
Socios estudantes. Persoas físicas, menores de 30 anos, que demostren documentalmente a súa condición mediante certificación de estudos nalgunha disciplina relacionada coas actividades propias do deseño. Despois de finalizaren os seus estudos pasarán automaticamente a ser considerados socios novel ou ordinario segundo cal sexa a súa situación. A cota de socio estudante é un 15% da cota de socio ordinario.
Socio ordinario: 60 euros trimestrais
Socios noveis: 30 euros trimestrais
Socios estudantes: 9 euros trimestrais
Se queres saber máis sobre os diferentes tipos de socios ou sobre a DAG, podes consultar os nosos Estatutos.
Para participar nas actividades que realiza a DAG, só tes que asociarte.
Cubre a solicitude de ingreso e envíanola por correo electrónico a info@asociaciondag.org ou por correo postal ao seguinte enderezo:
Asociación Galega de Deseñadores (DAG)
Apdo. 2131
15780 Santiago de Compostela
A Xunta Directiva valorará todas as solicitudes de admisión antes de darlles o visto e prace.
Podes obter máis información, a través do noso formulario de contacto.
Descarga os Estatutos da DAG
DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información