Isaac Díaz Pardo DAG - Asociación Galega de DeseñadoresDAG - Asociación Galega de Deseñadores

23/02/2012

Acceso para usuarios

#charlasnaDAG sobre retículas con Segundo Fdez

#charlasnaDAG sobre retículas con Segundo Fdez 28/11/2011

Este mércores, 30 de novembro, volven as #charlasnaDAG á Trisca. Desta volta, o deseñador que nos acompañará será Segundo Fdez, quen falará sobre retículas, un dos temas xunto a tipografía que máis lle interesan. Precisamente este interese é o que está detrás de proxectos persoais coma reticulas.com, por agora unha ferramenta desenvolvida baixo licenza Creative Commons que permite aplicar o concepto de retículas á construción de páxinas web mediante CSS.

Na charla ademais de facer un percorrido pola evolución do denominado esqueleto do deseño, polas súas partes e polos distintos tipos de retículas en deseño gráfico e web, tamén dedicará un pouco de tempo a comentar a preferencia por este tipo de estruturas que amosan deseñadores e tipógrafos como Jose Müller-Brockmanan ou Jan Tschichold, e por estudios contemporáneos como Experimental Jetset ou La Mosca.

Segundo Fdez fundou en 2006 Sond3, xunto con Natalia Crecente e Diego Vilariño, un estudio localizado en Lugo e que desenvolve a súa actividade no ámbito do deseño gráfico, principalmente gráfica aplicada, identidade, editorial, e web. Un medio este último no que recentemente foron premiados polo xurado da II Bienal Iberoamericana de Deseño polo seu traballo para Hachedevisual.

Segundo tamén ten un blog, de nome Vidagrafica, centrado en temas de deseño, pero no que tamén se tocan cuestións relativas a outras áreas como ilustración, arquitectura, moda, fotografía, etc.

Ficha da 3º charla
Título: Retículas, o esqueleto do deseño
Deseñador convidado: Segundo Fdez, deseñador e socio fundador de Sond3 desde o 2006
Hora: 19.00
Día: mércores, 30 de novembro de 2011
Lugar:
Centro sociocultural A Trisca
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela
Entrada libre ata completar a capacidade da sala

A charla tamén se poderá seguir en streaming en: http://www.ustream.tv/channel/charlas-na-dag

Máis información en: info@asociaciondag.org ou no teléfono 691 230 421

Descarga o programa completo de todas as #charlasnaDAG:

charlasnadag.pdf

comentario Comentarios (0) || noticias  Noticias

* Lembra que para facer comentarios, tes que estar rexistrado en DAG e iniciar a túa sesión como usuario.


0032 Revista DAGDAG - 0032

0032 - número 001 - novembro 2009

Nº 001 / novembro 2009

Autor/ora:“historias tipográficas” de Oscar Otero, “Tango corazón de papel” de Gisela Ahumada, unha conversa entre Uqui Permui e Martiño Villaverde “Inspirar… expirar”, “Formatos e grellas, todo en-caixa” de Natalia Crecente e Segundo Fernández e “Replica, unha tipografía do século XXI” de Marcos Dopico


Descargar PDF


DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información