O arcebispado de Madrid convocou un Concurso para o deseño da identidade institucional da Xornada Mundial da Xuventude, que se celebrará en Madrid do 16 ao 21 de agosto do 2011. O obxectivo do concuros é dotar a estas xornadas dunha identidade gráfica singular, atractiva e homoxénea coa que desenvolver o logotipo da mesma, a páxina oficial en Internet así como os diversos elementos que formarán o “pack” do peregrino: mochila, gorra, abado, etc. O concurso, dotado de 15000 € de premio, poderán participar todos aqueles deseñadores gráficos profesionais que desenvolvan a súa actividade en España.
Os deseñadores profesionais poden presentar as súas candidaturas ata o 15 de maio.
Para máis información consulta a web
* Lembra que para facer comentarios, tes que estar rexistrado en DAG e iniciar a túa sesión como usuario.

DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información