Isaac Díaz Pardo DAG - Asociación Galega de DeseñadoresDAG - Asociación Galega de Deseñadores

23/02/2012

Acceso para usuarios

Amplíase o prazo de inscrición no Curso de creación de empresas de deseño

Amplíase o prazo de inscrición no Curso de creación de empresas de deseño 23/01/2012

Ata o mércores, 8 de febreiro, estará aberto o prazo de inscrición no curso de creación de empresas de deseño impartido pola Escola de Organización Industrial (EOI) para darlles un pouco máis de tempo a todas as persoas interesadas para que presenten toda a documentación que se lles pide: solicitude de inscrición cos datos e asinada, 2 fotos, copia do DNI, copia do título académico especificado na solicitude inscrición, copia dun documento que acredite a situación laboral do candidato (IAE ou documento de pago á Seguridade Social como autónomo, tarxeta de demandante de emprego, certificado da empresa na que traballa...)

Dirixido a emprendedores de calquera sector de actividade que,
tendo unha idea de empresa e a través da información e tutela recibida nos cursos sexan capaces de levar a cabo o seu proxecto de empresa.

Os obxetivos
que se plantexan son os de conseguir que os profesionais do sector deseño, saiban definir modelos de xestión empresarial que inclúan a xestión do deseño como un proceso estratéxico para achegar valor desde a conceptualización e desenvolvemento até a súa materialización, lanzamento e comercialización.

Descarga a solicitude e envíaa xunto con toda a documentación a info@asociaciondag.org:

Convocatoria Galicia.pdf

Solicitud inscripción FSE 20101020.doc

Folleto EOI (FSE) _curso de creación de empresas_ gallego.pdf

comentario Comentarios (0) || noticias  Noticias

* Lembra que para facer comentarios, tes que estar rexistrado en DAG e iniciar a túa sesión como usuario.


0032 Revista DAGDAG - 0032

0032 - número 001 - novembro 2009

Nº 001 / novembro 2009

Autor/ora:“historias tipográficas” de Oscar Otero, “Tango corazón de papel” de Gisela Ahumada, unha conversa entre Uqui Permui e Martiño Villaverde “Inspirar… expirar”, “Formatos e grellas, todo en-caixa” de Natalia Crecente e Segundo Fernández e “Replica, unha tipografía do século XXI” de Marcos Dopico


Descargar PDF


DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información