DAG - Asociación Galega de DeseñadoresDAG - Asociación Galega de Deseñadores

23/11/2014

Acceso para usuarios

Cursos para o verán no Taller de Litografía Milpedras

Cursos para o verán no Taller de Litografía Milpedras 10/08/2011

O Taller de Litografía Milpedras acaba de abrir o prazo de inscrición nos seus cursos para o mes de agosto e setembro. A programación didáctica inaugúrase cunhas Xornadas de autoedición gráfica para artistas que Alberto Carballido impartirá  do 22 ao 27 de agosto en horario de 16.00 a 20.30 h. O obradoiro está concibido para achegarlles o concepto de edición de contidos gráficos e visuais a todas aquelas persoas interesadas en autoeditar os seus propios traballos ou en complementar as súas creacións con material gráfico de calidade.

Entre o 1 e o 3 de setembro desenvolverase o Curso intensivo de placas solares, impartido por Yuli Andrea Cadavid e centrado en técnicas de gravado non tóxico ou menos tóxico. Trátase de técnicas que buscan ofrecer unha alternativa máis saudable e respectuosa co medio ambiente, sen renunciar por iso ao potencial expresivo e creativo da práctica artística do gravado. Yuli Andrea Cadavid será tamén a encargada de impartir á semana seguinte o Curso de introdución á litografía en pedra: o día 8 e o 9 de setembro en horario de 16.00 a 20.30 h da tarde e o 10 de setembro de 10.00 a 14.00 da mañá e de 16.00 a 20.30 h da tarde.

A oferta de Milpedras para o verán aínda se completa con dous cursos máis: o curso Libro de artista: o libro como obxecto de expresión e creación, a cargo de Jim Lorena, do 13 ao 17 de setembro e o Curso de litografía sen auga (waterless lithography) con Esteban Moreno, entre o 20 e o 24 de setembro, e dirixido a gravadores, artistas visuais, deseñadores gráficos e público en xeral.

Taller de Litografía Milpedras
Brasil n.º 3, baixo
15009  A Coruña

Máis información no enlace Cursos Milpedras

comentario Comentarios (0) || noticias  Noticias

* Lembra que para facer comentarios, tes que estar rexistrado en DAG e iniciar a túa sesión como usuario.


0032 Revista DAGDAG - 0032

0032 - número 001 - novembro 2009

Nº 001 / novembro 2009

Autor/ora:“historias tipográficas” de Oscar Otero, “Tango corazón de papel” de Gisela Ahumada, unha conversa entre Uqui Permui e Martiño Villaverde “Inspirar… expirar”, “Formatos e grellas, todo en-caixa” de Natalia Crecente e Segundo Fernández e “Replica, unha tipografía do século XXI” de Marcos Dopico


Descargar PDF


DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información Aviso legal