Isaac Díaz Pardo DAG - Asociación Galega de DeseñadoresDAG - Asociación Galega de Deseñadores

23/02/2012

Acceso para usuarios

David Dopacio falará sobre a infografía como ferramenta de representación no ciclo das #charlasnaDAG este mércores

David Dopacio falará sobre a infografía como ferramenta de representación no ciclo das #charlasnaDAG este mércores 16/01/2012

O director da Área Multimedia de FrutoDS, David Dopacio, será o convidado este mércores dentro do ciclo das #charlasnaDAG que está a ter lugar na Trisca.

David Dopacio é deseñador industrial de profesión e está especializado en infografía fotorrealista de produtos e espazos. Tras cursar a carreira de Enxeñaría Técnica en Deseño Industrial na Universidade da Coruña, e despois de traballar no departamento de deseño do estaleiro Rodman, cofunda en 2006 o estudio de deseño de produto FrutoDS, que ten a súa sede en Pontevedra.

Na súa charla que leva por título A infografía como ferramenta de representación, David Dopacio ademais de explicar en que consiste a infografía, fará tamén un breve percorrido pola súa evolución histórica e polas súas aplicacións como ferramenta de representación para o deseño de produto, así como pola súa influencia en sectores coma o deseño gráfico, a publicidade ou o cine.

Ficha da 4º charla
Título: A infografía como ferramenta de representación
Deseñador convidado: David Dopacio, deseñador e socio fundador de FrutoDS desde o 2006
Hora: 19.00
Día: mércores, 18 de xaneiro de 2012
Lugar:
Centro sociocultural A Trisca
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela 

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

A charla tamén se poderá seguir en streaming en: http://www.ustream.tv/channel/charlas-na-dag

Máis información en: info@asociaciondag.org

comentario Comentarios (0) || noticias  Noticias

* Lembra que para facer comentarios, tes que estar rexistrado en DAG e iniciar a túa sesión como usuario.


0032 Revista DAGDAG - 0032

0032 - número 001 - novembro 2009

Nº 001 / novembro 2009

Autor/ora:“historias tipográficas” de Oscar Otero, “Tango corazón de papel” de Gisela Ahumada, unha conversa entre Uqui Permui e Martiño Villaverde “Inspirar… expirar”, “Formatos e grellas, todo en-caixa” de Natalia Crecente e Segundo Fernández e “Replica, unha tipografía do século XXI” de Marcos Dopico


Descargar PDF


DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información