Isaac Díaz Pardo DAG - Asociación Galega de DeseñadoresDAG - Asociación Galega de Deseñadores

05/02/2012

Acceso para usuarios

Inspirar... expirar

Inspirar... expirar 03/09/2009

Martiño e Uqui abren, na revista 0032, un diálogo sobre a identidade e o deseño. "inspirar… expirar" é unha pequena introdución ao pensamento no momento da elaboración gráfica.

Gustaríanos que se ábrise o debate neste apartado:
¿en que medida nos marcan o lugar e as experiencias acumuladas á hora de proxectar un traballo?
Somos o que deseñamos e creamos a partir do que somos?
é necesario compartir os imaxinarios para realizar un bo deseño?

(todos aqueles que non sexan socios e queiran partipar poden enviar a súa opinión a info@asociaciondag.org e a incorporaremos ao debate)(este texto está traducido ao castelán, se o precisades só tedes que solicitalo)

comentario Comentarios (2) || noticias  Noticias

01/10/2009 14:57:37
uqui

Iso nos leva a dicotomía razón-corazón… e sen estar de todo en desacordo, coido que é, como moitas veces ocorre, no equilibrio entre ambas partes onde se pode atopar o resultado acertado. Cando falamos de traballar dende o punto de partida (ou dende as raíces) temos que falar de todas as imaxes, experiencias e influencias que nos chegan, polo que é difícil de saber cal é a parte real da identidade… poderíase facer unha lista de iconas que sexan claramente adentarías? penso que non… e ao mesmo tempo habelas hainas…

12/09/2009 11:09:10
admin

Considero que é imposible crear ou proxectar sen que esa obra ou proxecto non fale de nós dalgún modo. De feito a palabra "proxectar", non aplicada a un proceso creativo, se non en psicoloxía, ten máis que ver con canalizar, sacar algo que levamos dentro, en convertelo en algo formal.
"É unha proposición renovada do que se viviu tanto individual como colectivamente"
En canto ao meu, eu diría que ao embarcarme nun proxecto, parto dunha desorde unha falta de claridade, que a medida que se vai concretando o proxecto, a miña mente vaise ordenando, aclarando. Realmente é un proceso de actualización, aclaración, e apertura dos sentidos, co cal, o proxecto non é máis que reflectir as propias sensacións...
A alquimia falaba do "opus" a gran obra, como un proceso non de inspirar e expirar, máis ben de inxerir e dixerir, destruír todo o que somos e logo crear. Fala do proxecto, pero sobre todo do proceso creativo, e do "ouro", como a plenitude ou consecución do proxecto.
Desde logo que o proxecto, ubicado nun marco laboral, enmarcado no tempo e cunhas esixencias tanto da propia empresa como do cliente; parecería que realmente chegamos a ser mercenarios, ou que realmente facemos o que se nos pide. Pero se realmente non se deixa un pedazo de nós, ese produto non estará vivo.

Por: Miguel Ríos

* Lembra que para facer comentarios, tes que estar rexistrado en DAG e iniciar a túa sesión como usuario.


0032 Revista DAGDAG - 0032

0032 - número 001 - novembro 2009

Nº 001 / novembro 2009

Autor/ora:“historias tipográficas” de Oscar Otero, “Tango corazón de papel” de Gisela Ahumada, unha conversa entre Uqui Permui e Martiño Villaverde “Inspirar… expirar”, “Formatos e grellas, todo en-caixa” de Natalia Crecente e Segundo Fernández e “Replica, unha tipografía do século XXI” de Marcos Dopico


Descargar PDF


DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información