Recentemente o SALON FÜR KUNSTBUCH abriu a convocatoria NON-ISBN para recopilar publicacións de arte. A única condición para participar
é que as publicacións non teñan ISBN. A finalidade da convocatoria
é seleccionar 300 publicacións para organizar unha futura exposición.
A data límite para presentar publicacións é o 20 de Novembro de 2009.
SALON FÜR KUNSTBUCH é un espazo en Viena inaugurado no 2007 polo artista austríaco Bernhard Cella dedicado a mostrar traballos
relacionados co campo da publicación.
http://www.salon-fuer-kunstbuch.at/noisbn
* Lembra que para facer comentarios, tes que estar rexistrado en DAG e iniciar a túa sesión como usuario.

DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información