DAG - Asociación Galega de DeseñadoresDAG - Asociación Galega de Deseñadores

23/10/2014

Acceso para usuarios

Programa de apoio á innovación das pemes (Programa Innoempresa 2012)

Programa de apoio á innovación das pemes (Programa Innoempresa 2012) 27/04/2012

A Consellaría de Economía e Industria acaba de facer pública, a través do Igape, a convocatoria de seis das liñas de axuda contempladas dentro Programa Innoempresa 2012 de apoio á innovación das pemes.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 23 de maio de 2012 e todas as persoas interesadas poden consultar as bases de cada unha das axudas nos seguintes enlaces:

IG127 - INNOEMPRESA: NOVOS MODELOS EMPRESARIAIS INNOVADORES MEDIANTE A IMPLANTACIÓN DE FERRAMENTAS DE XESTIÓN AVANZADA (2012) para proxectos que impliquen a adopción de novos modelos empresariais innovadores mediante a implantación de ferramentas de xestión avanzada.

IG129 - INNOEMPRESA: DESEÑO DE NOVO PRODUTO (2012) para proxectos de deseño de novo produto, que poden incluír elementos de identidade gráfica, envase, embalaxe e comunicación sempre que estean asociados ao novo produto no mesmo proxecto.

IG131 - INNOEMPRESA: PROXECTOS DE DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO APLICADO (2012) para proxectos de desenvolvemento tecnolóxico aplicado desenvolvidos por pemes que impliquen a creación ou mellora substancial dun produto, proceso produtivo ou servizo de maior nivel tecnolóxico para adecuar a súa oferta ás esixencias dos mercados.

IG132 - INNOEMPRESA: IMPLANTACIÓN E CERTIFICACIÓN DAS NORMAS UNE 166.001 E UNE 166.002 (2012) para a implantación e certificación de acordo coas normas UNE 166.001 (proxectos de I+D+i) e UNE 166.002 (sistemas de xestión da I+D+i).

IG134 - INNOEMPRESA: PROXECTOS PRESENTADOS POR GRUPOS DE EMPRESAS CUXA ACTIVIDADE FORME PARTE DA CADEA DE VALOR GLOBAL DUN PRODUTO (2012) para proxectos presentados por grupos de empresas cuxa actividade forme parte da cadea de valor global dun produto, a través de proxectos integrados de xestión loxística, medioambiental ou enerxética e outros proxectos innovadores de implantación conxunta, como enxeñaría concorrente ou deseño distribuído, destinados a mellorar procesos e produtos de empresas relacionadas pola cadea de valor.

IG135 - INNOEMPRESA: IDENTIFICACIÓN DE NECESIDADES TECNOLÓXICAS, DESENVOLVEMENTO DE SOLUCIÓNS TÉCNICAS E ORGANIZATIVAS COMÚNS E UTILIZACIÓN DE SERVIZOS AVANZADOS (2012) para proxectos de identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións técnicas e organizativas comúns e utilización de servizos avanzados compartidos por grupos de pemes.

Máis información na páxina do Igape

comentario Comentarios (0) || noticias  Noticias

* Lembra que para facer comentarios, tes que estar rexistrado en DAG e iniciar a túa sesión como usuario.


0032 Revista DAGDAG - 0032

0032 - número 001 - novembro 2009

Nº 001 / novembro 2009

Autor/ora:“historias tipográficas” de Oscar Otero, “Tango corazón de papel” de Gisela Ahumada, unha conversa entre Uqui Permui e Martiño Villaverde “Inspirar… expirar”, “Formatos e grellas, todo en-caixa” de Natalia Crecente e Segundo Fernández e “Replica, unha tipografía do século XXI” de Marcos Dopico


Descargar PDF


DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información Aviso legal