DAG - Asociación Galega de Deseñadores
11/03/2010
O sábado 28 de febreiro rematou no CGAC o taller de tipografía “o ollo na rúa”. Os 35 alumnos presentaron nese día os seus traballos froito do traballo en grupos durante catro días de inspección e rastrexo urbano polas rúas compostelás; todos eles levaron a cabo intervencións tipográficas nas rúas e parques compostelanos: Porta do Camiño e Casas Reais, Parque de Bonaval, Parque de Belvís, Pelamios e nas portas dalgunhas das igrexas da zona monumental. Tanto profesores, Enrique Longhinoti e Hernán Ordoñez, como alumnos quedaron moi satisfeitos coa actividade. A tónica dende o primeiro día, en palabras dos asistentes, foi estupenda; xerando un moi bo clima de traballo que se viu reflectido na calidade dos traballos presentados. web
12/04/2009 17:33:44
uqui
a verdade que traballamos un montón, pero tamén nos divertimos. En catro dias pensamos, producimos e editamos os proxectos… foi increible o nivel de concentración e produción global, a vista está o resultado. Por certo, creedes que as fotos deberían ter pes de fotos cos nomes dos artístas, deseñadores, arquitectos… que participamos ou é preferible deixalo nunha acción global? ¿que opinades?
07/04/2009 16:53:36
giselahumada
Me alegro ver éstas imagenes, tan chulas y divertidas!
Espero que hayan aprendido mucho y esteis con ganas de hacer aún más!
Saludos!
* Lembra que para facer comentarios, tes que estar rexistrado en DAG e iniciar a túa sesión como usuario.

DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información