Isaac Díaz Pardo DAG - Asociación Galega de DeseñadoresDAG - Asociación Galega de Deseñadores

23/02/2012

Acceso para usuarios

(R)evolution design: Seminario para a implementación de produtos e servizos innovadores

(R)evolution design: Seminario para a implementación de produtos e servizos innovadores 15/12/2011

A Asociación Galega de Deseñadores (DAG) organiza un Programa de Formación impartido pola Escola de Organización Industrial (EOI) dirixido a todas as persoas interesadas en crear actividade en calquera ámbito do deseño e a creatividade.

O Programa consiste nun Seminario de 16 horas de duración e un Curso que se celebrarán en 2012.

Obxectivos:
O obxectivo deste seminario é que as PEMES implementen novos sistemas e produtos de xestión e deseño innovador. En concreto, este seminario permitiralles:
- Descubriren ferramentas de xeración de modelos de negocio abertos baseados no Design Thinking, modelos que están sendo aplicados para xerar valor.
- Coñeceren casos de éxito no mundo do deseño.

Dirixido a:
Dirixido ás PEMES de calquera sector de actividade de ámbito nacional que teñan a necesidade de ser formadas en técnicas innovadoras en xestión nas súas empresas. PEMES ás que se lles faga chegar os produtos e servizos innovadores existentes, así como os recursos e apoios aos que poden acceder para a mellora e innovación das súas empresas.

Enténdese por profesionais do sector: deseñadores gráficos, de espazos, de moda, de experiencias, deseñadores industriais, de produtos, mobles, xoias, xoguetes, deseñadores de campañas publicitarias convencionais e dixitais, en definitiva, a profesionais do deseño ou da xestión que desexen ampliar os seus coñecementos no campo da xestión do deseño na empresa, profesionais de consultoras de deseño, de oficinas técnicas, de departamentos internos ou externos de deseño, así como empresas ou emprendedores de calquera sector de actividade con proxectos empresariais nos que a xestión do deseño sexa un elemento vital.

Matrícula gratuíta
(Curso cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e ENISA)

Límite máximo de alumnos: 30

Datas e horario:
13 e 14 xaneiro de 2012

Mañás de 10.00  h a 14.00 h
Tardes de 16.30 h a 20.30 h

A duración do seminario será de 16 horas lectivas.

Lugar de celebración:
Galería Sargadelos
Rúa Nova, 16
15705 Santiago de Compostela

Inscrición:
Data límite para formalizar a inscrición: 4 de xaneiro de 2012
Envía o formulario cos teus datos e a documentación a info@asociaciondag.org

Información:
Asociación Galega de Deseñadores (DAG)
Apdo. 2131
15780 Santiago de Compostela
info@asociaciondag.org

EOI, ESCOLA DE ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL
informacion@eoi.es
www.eoi.es

Descarga a folla de inscrición:

Convocatoria Revolution design.pdf

Solicitud de inscripción.doc

Programa seminario Revolution design.doc

comentario Comentarios (0) || noticias  Noticias

* Lembra que para facer comentarios, tes que estar rexistrado en DAG e iniciar a túa sesión como usuario.


0032 Revista DAGDAG - 0032

0032 - número 001 - novembro 2009

Nº 001 / novembro 2009

Autor/ora:“historias tipográficas” de Oscar Otero, “Tango corazón de papel” de Gisela Ahumada, unha conversa entre Uqui Permui e Martiño Villaverde “Inspirar… expirar”, “Formatos e grellas, todo en-caixa” de Natalia Crecente e Segundo Fernández e “Replica, unha tipografía do século XXI” de Marcos Dopico


Descargar PDF


DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información