Isaac Díaz Pardo DAG - Asociación Galega de DeseñadoresDAG - Asociación Galega de Deseñadores

23/02/2012

Acceso para usuarios

Temos un novo deseñador industrial na DAG, Marcelo Aldunce

Temos un novo deseñador industrial na DAG, Marcelo Aldunce 07/12/2011

Son Marcelo Aldunce, deseñador desde que teño memoria, aínda antes de ter conciencia de que é o deseño, para que serve e por que é tan importante para todos.

Estudei deseño en Chile, e exercín como deseñador e como docente alí durante varios anos antes de iniciar o meu periplo polo mundo, que comezou cun posgrao en Italia, e que logo dun máster e algúns anos traballando en Barcelona, me trouxo, felizmente, ata Galicia.

Son un deseñador xeralista, cunha visión do deseño centrada nas persoas, traballador obsesivo, detallista incorrixible, optimista por natureza e observador infatigable, teño a convicción de que desde Galicia se pode facer deseño de alto nivel.

Por isto é polo hai uns poucos meses, xunto con Inés Fernández, nos aventuramos a fundar Imbris, un estudio de deseño desde o que pretendemos traballar de maneira seria, pero tamén pasalo ben, porque realmente gozamos co que facemos e de todas as cousas ás que nos podiamos ter dedicado, é o deseño o que realmente nos apaixona.

Miramos todo o que nos rodea coma se fose a primeira vez, non damos nada por sentado e divertímonos cuestionándonos o porqué das cousas. Non entendemos os problemas como unha anomalía que resolver, senón como unha oportunidade para reformular as cousas e tratamos de facelo sen prexuízos e da maneira máis aberta posible.

Asocieime á DAG porque me parece unha excelente iniciativa, da unión e a colaboración xorde a forza e as boas ideas. Creo que o que move o mundo son as relacións interpersoais, e que mellor lugar para coñecer outros deseñadores, compartir experiencias, aprender do deseño en Galicia e colaborar co noso humilde gran de area, que na DAG.

comentario Comentarios (0) || noticias  Noticias

* Lembra que para facer comentarios, tes que estar rexistrado en DAG e iniciar a túa sesión como usuario.


0032 Revista DAGDAG - 0032

0032 - número 001 - novembro 2009

Nº 001 / novembro 2009

Autor/ora:“historias tipográficas” de Oscar Otero, “Tango corazón de papel” de Gisela Ahumada, unha conversa entre Uqui Permui e Martiño Villaverde “Inspirar… expirar”, “Formatos e grellas, todo en-caixa” de Natalia Crecente e Segundo Fernández e “Replica, unha tipografía do século XXI” de Marcos Dopico


Descargar PDF


DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información