Isaac Díaz Pardo DAG - Asociación Galega de DeseñadoresDAG - Asociación Galega de Deseñadores

05/02/2012

Acceso para usuarios

Unha recomendación bibliográfica. The Style of the State. The visual identity of the Dutch government

Unha recomendación bibliográfica. The Style of the State. The visual identity of the Dutch government Unha recomendación bibliográfica. The Style of the State. The visual identity of the Dutch government Unha recomendación bibliográfica. The Style of the State. The visual identity of the Dutch government Unha recomendación bibliográfica. The Style of the State. The visual identity of the Dutch government 13/08/2010

Tradicionalmente, o entorno sociocultural holandés inclúe peculiaridades como unha certa “anarquía oficial” existente favorecida polo apoio e a liberdade das institucións oficiais hacia os deseñadores e o seu traballo, unha apoesta decidida polo deseño que continua unha larga tradición de subvencións culturais que, lonxe de encauzar os resultados hacia unha líña oficialista, permite a adopción de enfoques pouco convencionais.

O propio goberno dos Países Baixos foi durante décadas unha das principais fontes de encargos. Cada ministerio buscaba crear a súa propia forma de expresión visual, individual e singular á vez, e é un cliente envexado polos deseñadores extranxeiros polo seu enfoque audaz e a súa disposición a asumir riscos na creación da súa imaxe visual. Dende principios do século XX, directivos e asesores de empresas adicanse a apoiar a cultura incluindo a promoción do deseño e o seu impacto na sociedade. Estas campañas a menudo foron idealistas, unha reacción natural nun país pequeno rodeado de veciños de fala inglesa, francesa e alemana. Esta situación idílica permitiu a proliferación de identidades visuais en cada un dos órganos de goberno e ministerios durante décadas e provocou un “magnífico caos” que o goberno holandés decidiu eliminar, optando por establecer de novo a orde unificando a súa imaxe. Para iso, no ano 2007 o executivo emplazou a cinco dos máis prestixiosos estudos de deseño de Holanda, baixo concurso público restrinxido, á realización de propostas para a nova identidade visual do goberno que unificaría todos os elementos visuais de comunicación. Os proxectos de Eden design, Thonik, Koeweiden Postma, Total Identity e Studio Dumbar (que finalmente gañaría o concurso) quedan reflexados na publicación “The Style of the State. The visual identity of the Dutch government”. Ademais, os autores do libro, Ed Annink, Fiona Atighi, Hestia Bavelaar, Maaike Molenkamp e Martien Versteegh, realizan unha análise detallada das identidades visuais desenvolvidas para o goberno holandés e os seus ministerios e áreas dende a década dos 60 ata a actualidade, percorrendo de paso a historia do deseño gráfico en todas as súas etapas.

V.V.A.A. The Style fo the State.
The visual identity of the Dutch government.

Idea Books, Amsterdam, 2010.
Isbn: 978-90-815497-2-1

P.D. Se tes a oportunidade de visitar Amsterdam, non te esquezas de facer unha visita á librería Nijhof & Lee, unha das mellores librerías do mundo en temas de deseño e arquitectura.

Nijhof & Lee international booksellers
Staalstraat 13a
1011 JK Amsterdam
www.nijhoflee.nl

comentario Comentarios (0) || noticias  Noticias

* Lembra que para facer comentarios, tes que estar rexistrado en DAG e iniciar a túa sesión como usuario.


0032 Revista DAGDAG - 0032

0032 - número 001 - novembro 2009

Nº 001 / novembro 2009

Autor/ora:“historias tipográficas” de Oscar Otero, “Tango corazón de papel” de Gisela Ahumada, unha conversa entre Uqui Permui e Martiño Villaverde “Inspirar… expirar”, “Formatos e grellas, todo en-caixa” de Natalia Crecente e Segundo Fernández e “Replica, unha tipografía do século XXI” de Marcos Dopico


Descargar PDF


DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información