Isaac Díaz Pardo DAG - Asociación Galega de DeseñadoresDAG - Asociación Galega de Deseñadores

05/02/2012

Acceso para usuarios

VEB Typoart. A tipografía ó outro lado do muro de Berlín

VEB Typoart. A tipografía ó outro lado do muro de Berlín VEB Typoart. A tipografía ó outro lado do muro de Berlín VEB Typoart. A tipografía ó outro lado do muro de Berlín 03/09/2010

En novembro de 2009 cumprironse 20 años da caída do muro de Berlín, do comezo da unificación alemana que rematou definitivamente co “telón de aceiro” que marcou a nova situación política europea despois da Segunda Guerra Mundial. A reunificación en 1990 puxo fin á represión política da RDA e supuxo o inicio dunha nova era. Os símbolos do pasado comunista borraronse rápidamente do mapa, convertidos en souvenirs e o pasado de toda una nación caiu no ostracismo, con os seus cidadáns ansiosos de pasar páxina e esquecer as penurias económicas e políticas. Sen embargo, moitos alemáns perciben hoxe esta reunificación como unha absorción por parte da Alemaña Occidental. O anhelo da unificación tantas veces perseguida trouxo consigo un esquecemento de moitos dos aspectos da cultura da Alemaña comunista, de moitos dos aspectos cotians, dos obxectos e iconos presentes durante 40 anos.

Os produtos, obxectos cotiáns e deseños da RDA provocan ante os ollos cansos e saturados de publicidade na economía de consumo, certa sensación entrañable e inocente dun mundo perdido, revivindo unha estética austera e eficaz desposuída xa de aqueles condicionantes negativos que impoñían as cuestións políticas e económicas.

Neste contexto de nostalxia e recuperación do patrimonio gráfico daquella época, atopámonos coa historia única da Fundición VEB Typoart. A fundición tipográfica VEB Typoart foi creada na Alemaña do Leste en 1948 polo Goberno da República Democrática, resultado da fusión e nacionalización de diversas fundicións en Berlín, Leipzig e Dresden, entre as cales a máis importante fui Schelter & Giesecke. A nova sede estableceuse en Dresden. A fundición VEB Typoart dependía da Zentrag (Druckerei-Zentrale, Einkaufs-und Revisionsgesellschaft mbH) organismo de coordinación das empresas de edición e impresión da RDA. Este organismo encargaba a creación dos tipos de letra que necesitaba, chegando a solicitar expresamente imitacións de tipografías occidentais como Helvetica, Times New Roman o Futura, cuxas licenzas non podían permitirse o luxo de pagar nunha economía empobrecida como a da RDA. A necesidade da creación destas versións propias deu lugar a fontes como Timeless, creada polo equipo de deseño de Typoart en 1982 como versión da Times New Roman, Drescher Grotesk de Arno Drescher (1930) como versión de Futura, Publica (1981-1983) como versión da Optima, ou a Maxima Grotesk, considerada unha versión da Helvetica. 

Despois da caída do muro de Berlín en 1989 e da unificación das duas Alemañas, a fundición Typoart privatizouse nunha GmbH (sociedade anónima) pasando a denominarse VEB Typoart GmbH ata a súa desaparición en 1995. As ansias de integración da antiga RDA na economía de mercado e o interese en esquecer o seu pasado político, propiciaron o ostracismo deste legado tipográfico durante a década dos 90. Pero en 2006, un grupo de estudantes da Bauhaus-University de Weimar, denominado Typoart friends, propúxose a recuperación da memoria histórica da fundición Typoart, así como a dos seus deseñadores entre os que se encontran Karl Heinz Lange, Albert Kapv, Herbert Thannhaeuser, Gert Wunderlich, Hildegard Korger, Arno Drescher e Barbara Cain. Entre as reivindicacións deste grupo de estudantes encontrase a esixencia do recoñecemento da labor destos deseñadores e a integración deste patrimonio tipográfico na Alemaña actual reunificada. Para iso  crearon un manifesto e editaron a publicación Typoart Freunde co fin de documentar a historia única de VEB Typoart. Pode consultarse o manifiesto na web www.typoart-freunde.de

Esta circunstancia tamén propiciou novas interpretacións e revivals destas fontes tradicionais do outro lado do muro que serviron para recuperar un patrimonio gráfico esquecido por parte dos xóvenes deseñadores gráficos alemanes. 

http://www.typoart-freunde.de

 

 

comentario Comentarios (0) || noticias  Noticias

* Lembra que para facer comentarios, tes que estar rexistrado en DAG e iniciar a túa sesión como usuario.


0032 Revista DAGDAG - 0032

0032 - número 001 - novembro 2009

Nº 001 / novembro 2009

Autor/ora:“historias tipográficas” de Oscar Otero, “Tango corazón de papel” de Gisela Ahumada, unha conversa entre Uqui Permui e Martiño Villaverde “Inspirar… expirar”, “Formatos e grellas, todo en-caixa” de Natalia Crecente e Segundo Fernández e “Replica, unha tipografía do século XXI” de Marcos Dopico


Descargar PDF


DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información