DAG - Asociación Galega de DeseñadoresDAG - Asociación Galega de Deseñadores

02/09/2014

Acceso para usuarios

X Edición de Mundos Dixitais

X Edición de Mundos Dixitais 05/07/2011

Do 6 ao 9 de xullo celébrase na Coruña Mundos Dixitais, o Festival Internacional de Animación, Efectos Especiais, Videoxogos e Arquitectura Dixital.

O intenso programa deste ano arranca o mércores, cunha primeira xornada dedicada á arquitectura dixital, mentres que ao día seguinte, o cine e a animación serán os protagonistas. O xoves será ademais o día en que se poidan ver os últimos proxectos desenvolvidos neste ámbito polas empresas galegas Moonbite Games, Perro Verde Films e Otiiplanet.

Os últimos avances en publicidade acapararán toda a atención durante a mañá do venres e xa pola tarde será a quenda das conferencias, con dúas das intervencións máis agardadas: a de Eric Roth e a do supervisor de efectos especiais na película Orixe, Astrid Busser.

O festival pecharase o sábado coa entrega do premio especial a Alvy Ray Smith, cofundador de Pixar.

Esta décima edición do festival presenta como novidade a celebración do I Foro de Educación para a Industria co fin de propiciar a comunicación e o intercambio de experiencias entre os representantes da industrias e os centros educativos. No marco deste encontro tamén está prevista a realización de procesos de recrutamento por parte dalgunhas empresas interesadas en incorporar novos talentos aos seus equipos.

Lugar: Sede da Fundación Caixa Galicia
Cantón Grande 21-24
15003 A Coruña

Máis información na páxina de Mundos Dixitais

comentario Comentarios (0) || noticias  Noticias

* Lembra que para facer comentarios, tes que estar rexistrado en DAG e iniciar a túa sesión como usuario.


0032 Revista DAGDAG - 0032

0032 - número 001 - novembro 2009

Nº 001 / novembro 2009

Autor/ora:“historias tipográficas” de Oscar Otero, “Tango corazón de papel” de Gisela Ahumada, unha conversa entre Uqui Permui e Martiño Villaverde “Inspirar… expirar”, “Formatos e grellas, todo en-caixa” de Natalia Crecente e Segundo Fernández e “Replica, unha tipografía do século XXI” de Marcos Dopico


Descargar PDF


DAG - Asociación Galega de Deseñadores | Apdo de Correos 2131 Santiago de Compostela | + información Aviso legal